Thursday 12 de September de 2024

O ribeirense Fran Sieira e súa compañía de danza contemporánea presentarán “Ceibe” no Novo Auditorio.


O novo Auditorio de Ribeira retoma a súa programación viaxando ao mundo da danza contemporánea da man do ribeirense Fran Sieira e o seu novo espectáculo “Ceibe”. A representación será de balde e terá lugar o vindeiro venres 30 de agosto ás 22.00 h.
Á presentación acudiu a concelleira de Cultura, Antía Alberte e Fran Sieira. Director da compañía homónima.

A concelleira referiuse “á guinda do pastel” da programación do verán de “Lecer na Ribeira”, Antía animou á veciñanza a asistir a esta posta en escena de primeiro orde e tamén recordou que as entradas de balde poderanse recoller media hora antes do espectáculo no Auditorio novo. A concelleira de cultura puxo en valor o ser un artista de Ribeira “que a veces por ser da casa ten menos valía, pero a realidade é que en Ribeira temos auténticos artistas, persoas talentosas” afirmou. Tamén quixo dar unha mención especial a “Aida Tarrio” que estará participando coma bailarina da compañía de Fran.
Fran Sieira Compañía de Danza fundamenta o seu traballo nunha revisión do folclore galego dende un marco contemporáneo. A compañía estuda o movemento a través do baile tradicional galego e utilízao como o seu principal mecanismo de expresión, creando unha linguaxe do movemento de vangarda como reflexo da nosa tradición.

Sieira explicou o seu novo espectáculo “Ceibe” que é unha peza de 60 minutos de duración, a súa compañía está marcada pola incorporación de temas sociais, nesta ocasión falarase do xénero no que fixeron un proceso de investigación durante 15 días de xaneiro deste ano en Ribeira; foi un proceso de investigación onde se identificaron cantos de eses movementos de xénero estaban estereotipados, “e con eses estereotipos tradicionais traballamos para desligalos e facelos máis amables paro o corpo; diso fala “Ceibe” desa crítica social e tamén ven sendo unha homenaxe ás foliadas de hoxe en día onde os roles de xénero están están moito máis diluídos e onde a xente encontra un refuxio onde expresarse con liberdade” afirmou Fran.
“Gústame moito que a xente saia do espectáculo falando e debatendo de temas sociais neste caso sobre o xénero que coido que é moi importante e interesante para a sociedade de hoxe en día” finalizou.